A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001506/2001-IN interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Montes contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública
do 8 de outubro de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo de superior da Xunta de Galicia (grupo A) (DOG nº 199, do 15 de outubro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública