Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.485

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001501/2001-IN, interposto por Mª Dolores Fandiño Barros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001501/2001-IN interposto por Mª Dolores Fandiño Barros contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de outubro de 2001, pola que se desestima recurso de alzada contra o Acordo do 26 de xullo de 2001 do tribunal número 1 dos designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 115, do 14 de xuño), polo que se desestimaba a reclamación contra a puntuación outorgada.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública