Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.483

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 18/2002, do 1 de febreiro, polo que se establece a nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, crea no artigo 11.1º a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia como órgano encargado da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

No punto 2º do artigo 11 establece que a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia estará composta por un presidente, un vicepresidente e un número de vocais que se determinarán regulamentariamente.

O Decreto 137/1995, do 10 de maio, que establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), modifícase no Decreto 483/1997, do 26 de decembro, como consecuencia da configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, establecida polos decretos 347/1997, do 9 de decembro, e 350/1997, do 10 de decembro.

O Decreto 306/2001, do 15 de decembro, establece a nova estructura orgánica da Xunta de Galicia. Como consecuencia desta nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia, procede darlle cumprimento ó mandato legal e determina-la nova composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

Por todo iso, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-A Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia estará composta polos seguintes membros:

1. Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

2. Vicepresidente 1º: o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

3. Vicepresidente 2º: o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

4. Vocais:

a) O director xeral de Organización e Sistemas Informáticos, en representación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) O director do Instituto Galego de Estatística, en representación da Consellería de Economía e Facenda.

c) O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

d) O director xeral de Universidades, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

e) O director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, en representación da Consellería de Industria e Comercio.

f) O secretario xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, en representación desta.

g) O director xeral de Comunicación Social e Audiovisual, en representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

h) O director xeral da División de Asistencia Sanitaria, en representación da Consellería de Sanidade.

i) A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, en representación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

j) O director xeral de Relacións Laborais, en representación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

k) O director xeral de Formación e Colocación, en representación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

l) O director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible, en representación da Consellería de Medio Ambiente.

m) O secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais, en representación da Consellería de Asuntos Sociais.

n) O director xeral de Cooperación Exterior, en representación da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

o) O secretario xeral para as Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior.

5. Como secretario da comisión actuará o secretario do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados os decretos 137/1995, do 10 de maio; 483/1197, do 26 de decembro; 24/1998, do 22 de xaneiro; 102/2000, do 27 de abril, e 62/2001, do 22 de marzo, e todas aquelas disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento para dicta-las disposicións necesarias de desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA