Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Larouco 1ª fase. (Expediente IN661A 00/5-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Iberdrola Diversificación, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro 201-A, 15705 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Larouco; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de decembro de 2000, Heliodoro Oviedo Busto, en nome e representación de Iberdrola Diversificación, S.A., solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Larouco, de 41,65 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó

presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense do 15 de xaneiro de 2001, publicada no diario La Región do 20 de xaneiro, no BOP de Ourense do 27 de xaneiro, o DOG do 29 de xaneiro de 2001 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Florentino Feijóo Caramés, en representación da Comunidade de Montes de Gudín, alega a existencia dun erro na relación de bens e dereitos afectados publicada, pois os terreos que aparecen a nome

de Veciños de Gudín, pertencen realmente á citada comunidade.

2. Ignacio Gómez Pérez, en representación dos veciños de Gudín, manifesta que ata que non se constitúa a Comunidade de Montes de Gudín, se entendan as relacións cos seus representantes.

3. Rosa Rivera Corrales solicita o arquivo do expediente administrativo polo forte impacto medioambiental e paisaxístico que sufrirá a zona como consecuencia da construcción do parque eólico.

4. Julio López Pérez, en nome e representación da asociación Amigos de la Tierra, solicita que se recollan na declaración de impacto ambiental unha serie de medidas correctoras relativas á ordenación do solo no contorno do Parque, e se faga un novo estudio das especies protexidas que viven no lugar e un plano de manexo para as especies catalogadas como de interese especial.

5. Herminio Araújo Rodríguez e Enrique García Basteiro, en calidade de presidente e secretario, respectivamente, do Coto de Caza de Baltar, solicitan ser incluídos na relación de bens e dereitos afectados para os efectos de valora-los prexuízos que a instalación do parque eólico lles ocasionará.

6. A Cámara Municipal de Montalegre (Portugal) solicita diversa información sobre o proxecto.

Terceiro.-O 9 de xullo de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

LaroucoBaltar, Cualedro e Xinzo de Limia608.0004.641.000

609.0004.640.000

613.5004.645.500

612.5004.646.000

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 49.

Potencia unitaria por aeroxerador: 850 Kw.

Xeradores: Gamesa G-52.

Potencia total instalada: 41,65 MW.

Producción anual estimada: 108.061 MWh/ano.

Investimento previsto: 4.769.627.944 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-Conxunto de 49 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 41,65 MW.

-Interconexión dos aeroxeradores con catro circuítos eléctricos a 20 kV, independentes entre si, de 10,2 MW (aeroxeradores 1 ó 12); 10,2 MW (ae

roxeradores 13 ó 24); 10,2 MW (aeroxeradores 25 ó 36); 11,05 MW (aeroxeradores 37 ó 49).

-C.T. que se instalarán en cada aeroxerador de 1.000 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Subestación transformadora. Equipada con transformador principal trifásico 132/20 kV de 55 MVA e cos elementos de manobra, medida e protección necesarios.

Cuarto.-O 4 de outubro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico.

Quinto.-O 12 de novembro de 2001 o promotor solicita que, por motivos de planificación da empresa dividi-lo citado parque en dúas fases, a 1ª de 32 aeroxeradores de 27.2 MW de potencia e unha 2ª fase de 17 aeroxeradores de 14.45 MW, lle sexa aprobada a 1ª fase sen prexuízo dos trámites administrativos seguidos ata o momento.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Energía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe manifesta-lo seguinte:

1. Con respecto ós posibles erros na titularidade dos terreos afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón destes, non obstante será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade destes, achegando a documentación acreditativa necesaria, cando se proceda á declaración de utilidade pública da dita instalación.

2. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e consideradas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

3. Con respecto ás alegacións presentadas por Herminio Araújo Rodríguez e Enrique García Basteiro, como representantes do Coto de Caza de Baltar, cabe dicir que non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección do referido couto cinexético, por non seren obxecto desta fase

do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto, cando se proceda á declaración de utilidade pública da dita instalación, acto que lle será convenientemente notificado.

4. Por último, en relación coa alegación presentada pola Cámara Municipal de Montalegre (Portugal), cabe dicir que a información solicitada por esta se achegou pola Delegación Provincial de Industria de Ourense con data do 5-5-2001.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Iberdrola Diversificación, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Larouco, a 1ª fase de 32 aeroxeradores para unha potencia de 27.2 MW quedando condicionada a autorización dos 17 aeroxeradores restantes a que o promotor presente a documentación técnica que xustifique a viabilidade da evacuación da 2ª fase, e situar nos concellos de Baltar, Cualedro e Xinzo de Limia, na provincia de Ourense.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Iberdrola Diversificación, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contados desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 95.392.559 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constuirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas así como a que no seu día propoña o órgano ambiental, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, epígrafe 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 4.769.627.944 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense poderá autoriza-las modificacións de deta

lle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Iberdrola Diversificación, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación a a citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no art. 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 4 de outubro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas