Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto de aclaración de sentencia (933/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número a instancia de contra, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

Procede a aclaración solicitada e en consecuencia modifíquese a decisión da sentencia da mesma a cal quedará do teor literal seguinte: decido que estimando a demanda promovida por María Pilar Fernández Sánchez, María Luz Pérez Pérez, Ángeles Sendón Fernández, María Mercedes Cupeiro Rocha, María Belén Daga Vilariño, María Jesús Peña López, Teresa Asensio Revuelta, María Ángeles Rey Medina, María Ángeles Louzao Conde, María Isabel Louro Pardo, María Paz Díaz Casado, María Victoria Ribeiro Pedreira, Rebeca Iris Barbeito Neira contra a empresa Bupan 2000, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe ás demandantes (autos 933/2000) María Luz Pérez Pérez, Ángeles Sendón Fernández, María Mercedes Cupeiro Rocha, María Belén Daga Vilariño, María Jesús Peña López, María

Ángeles Rey Medina, María Ángeles Louzao Conde, María Isabel Louro Pardo, María Paz Díaz Casado a cantidade de 199.158 pesetas, ás demandantes María Pilar Fernández Sánchez e Teresa Asensio Revuelta a cantidade de 176.377 pesetas, e ás demandantes (autos 39/2002) Victoria Ribeiro Pedreira a cantidade de 173.784 pesetas e Rebeca Iris Barbeito Neira a cantidade de 169.871 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días a contar do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de interpoñe-

lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa, expido e asino a presente cédula na Coruña.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA