Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 07 de febreiro de 2002 Páx. 1.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2002 pola que se convoca, mediante concurso aberto, a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento do Fondo de Acción Social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: asistencia técnica para o desenvolvemento do Fondo de Acción Social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

2. Orzamento: 39.820,77 euros.

3. Garantía provisional: 796,42 euros.

4. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Prazo de execución: dez meses.

7. Documentos de interese para os litadores: a documentación estará ó dispor dos interesados na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no Edificio Central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http.//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=942

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio.

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 25 de febreiro de 2002.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, o cal o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA