Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/458-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Cerquido III.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15 kV, de 74 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio da L.M.T. existente entre os CC.TT. Fundiyato e Cerámica Mas ata o C.T. que se proxecta en Cerquido III, no concello de Salceda de Caselas, de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. L.M.T. subterránea, de 23 m de lonxitude desde a L.M.T. aérea proxectada ata o C.T. que se proxecta en Cerquido III.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra