Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: C.T. Toxa-Central.
Situación: concello do Grove.
Descricións técnicas: C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, en A Toxa-Central, no concello do Grove.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 12 de decembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra