Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación de contratos de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial acorda dar publicidade á adxudicación dos contratos das obras que se relacionan:

1. Forma de adxudicación: os contratos que se relacionan a continuación foron adxudicados por poxa aberta, ó amparo do disposto nos artigos 74 e 75 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

1.1. Obxecto do contrato: reparación de cuberta e obras varias no IES Urbano Lugrís. A Coruña.

Contratista: Construcciones Mon, S.L.

Importe da adxudicación: 24.115.503 pesetas.

Data da adxudicación: 24 de setembro de 2001.

1.2. Obxecto do contrato: construcción dun ximnasio e obras varias no CEIP O Grupo. Ribeira.

Contratista: Diconsa, S.L.

Importe da adxudicación: 19.503.399 pesetas.

Data da adxudicación: 11 de decembro de 2001.

1.3. Obxecto do contrato: construcción de pasarela cuberta, tratamento de fachadas e obras varias no IES Virxe do Mar. Noia.

Contratista: Constructora Ediserpo, S.L.

Importe da adxudicación: 17.378.610 pesetas.

Data da adxudicación: 12 de decembro de 2001.

A Coruña, 21 de decembro de 2001.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña