Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 276/2001-L, interposto por Purificación Castromán Rajoy.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 276/2001-L, interposto por Purificación Castromán Rajoy, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de outubro de 2001, pola que se desestima o recurso de alzada contra o acordo do 7 de maio de 2001 da comisión permanente de selección para postos de funcionarios, polo que se desestima a súa reclamación relativa ás listas para a cobertura temporal de postos de traballo correspondentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública