Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 06 de febreiro de 2002 Páx. 1.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado número 309/2001, interposto por José Carlos Varela Fuentes.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un

de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 309/2001, interposto por José Carlos Varela Fuentes, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de outubro de 2001, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 10 de maio de 2001 pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos forestais, lista B.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública