De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e téndose intentado a notificación ó interesado, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio cítanse os suxeitos pasivos ou representantes que se relacionan no anexo adxunto, para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.
Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo I).
Así mesmo, advirtéselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación se entenderá producida, para tódolos efectos legais, desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Huesca, 19 de decembro de 2001.
Roberto Pérez Ramón
Delegado da Axencia Tributaria en Huesca
ANEXO I
0202 Dependencia de recadación unidade 22600 pz. Navarra, 11, Huesca.
NIF Nome Expediente Procedemento L.C.
B-22009740 Talleres Lasala, S.L. C1100098320028125/1 Providencia de constrinximento 0202
B-22009740 Talleres Lasala, S.L. C1100001150101623/1 Providencia de constrinximento 0202