Obxecto da contratación: subministración de equipamento de vídeo dixital para substitución dos formatos actuais de TVG, S.A. (expediente nº 01482T).
Prazo de presentación de ofertas: rematará o día 8 de marzo de 2002, ás catorce horas (14 h).
Lugar: Servicio de Compras-Centro Emisor de Televisión de Galicia, S.A., San Marcos, Santiago de Compostela.
Bases da convocatoria: poderán ser examinadas e recollidas polos interesados, en datas e horas de oficina (de 8 a 14 horas), no Servicio de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades (teléfono: 981 54 08 55) sito no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de Compostela, ou solicitadas no enderezo de correo electrónico: sercom*crtvg.es.
(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios).
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.
Manuel Vázquez Vieites
Director xerente Económico-Administrativo