De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e téndose intentado a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por
causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notificar actos de procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a continuación, sendo o órgano responsable da tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo nº 1 de Oviedo.
En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, das 9 ás 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, número 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no mencionado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Oviedo, 5 de decembro de 2001.
José Mª Menéndez Quintana
Xefe do Servicio de Recadación de Oviedo
A.E.A.T. Comunidade Autónoma de Galicia
Datos do contribuínte Concepto/descrición/obx. trib.
B33390949, Cañacel, S.L., r/ 19 de Xullo, 10, 3-8, Oviedo Sanción exp.: 2000/193/00 Xust., Int. e R.
B33390949, Cañacel, S.L., r/ 19 de Xullo, 10, 3-8, Oviedo Sanción exp.: 2000/200/00 Xust., Int. e R.
Datos do contribuínte Concepto/descrición/obx. trib.
Pisa Miranda, Santiago, r/ Río Caudal, 10, 1-D, Oviedo (Nº fact.: 200000974), Hospital da Costa