Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.354

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, polo que se fai pública a relación de excluídos das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 2 (titulado/a superior/a médico/a e outros/as) do grupo I, á categoría 2 (ATS e outros/as) do grupo II e ás categorías 3 (controlador/a pecuario/a), 4 (gobernante/a e outros/as), 68 (pastor/a oficial e outros/as) do grupo III (lista B), que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionalis para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo regulados no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 2 (titulado/a superior/a médico/a e outro/as) do grupo I, á categoría 2 (ATS e outros/as) do grupo II, e ás categorías 3 (controlador/a pecuario), 4 (gobernante/a e outros/as), 68 (pastor/a oficial e outros/as) do grupo III (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución da relación de aspirantes que foron excluídos das listas provisionais, da categoría 2 (titulado/a superior/a médico/a e outros/as) do grupo I, da categoría 2 (ATS e outros/as) do grupo II, e da categoría 3 (controlador/a pecuario/a), 4 (gobernante/a e outros/as), 68 (pastor/a oficial e outros/as) do grupo III (lista B), e que emendan a causa de exclusión en tempo e forma, ou non figuraron nas listas provisionais.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas correspondentes.

Grupo I: 46,61 A.

Grupo II: 40,75 A.

Grupo III: 34,92 A.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren

oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Publica).

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública