Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 078 (subgobernante/a) do grupo III, de conformidade co establecido na Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro).

Publicada a Resolución do 29 de xuño de 2001 (DOG nº 132, do 9 de xullo), relativa á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do

31 de marzo, e correspondentes á categoría 078 (subgobernante/a) do grupo III, e unha vez finalizado o prazo previsto nesta e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 078 (subgobernante/a) do grupo III; as listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación definitiva.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición destas listas definitivas, os solicitantes admitidos serán incluídos pola Comisión Permanente de Selección nas listas do grupo e categoría existente, no lugar que lles corresponda pola orde de prelación obtida, segundo o establecido na base 6.3 da Resolución do 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 29, do 9 de febreiro).

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública