Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 05 de febreiro de 2002 Páx. 1.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos das probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos.

Por Resolución do 11 de decembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 21 de decembro, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 8 de outu

bro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos das probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de topógrafos.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública