Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-4/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 18 de xaneiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior, no desenvolvemento da ordenanza de transformación 7D4.01, estrada dos Fortes, promovido por Construcciones Fontenla, S.A.

Segundo.-Proceder á exposición pública do expediente, polo prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos periódicos de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio aboaraos o seu promotor.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo