Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de adxudicación do contrato de elección de entidade xestora para a implantación dun plan de pensións, sistema de emprego e achega definida para o persoal do Concello de Culleredo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Culleredo. Rúa do Concello, nº 12, Tarrío, municipio de Culleredo. Código postal 15189; teléfono: 981 67 77 77, fax: 981 67 76 46.

b) Dependencia que tramita o expediente: Gabinete da Alcaldía-Contratación.

2. Obxecto do contrato: elección de entidade xestora para a implantación dun plan de pensións, sistema de emprego e achega definida para o persoal do Concello de Culleredo.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

-BOE nº 154, do 15-6-2001.

-BOP nº 134, do 13-6-2001.

-DOG nº 143, do 24-7-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

O prezo do contrato constitúeno as comisións que a entidade xestora e a depositaria percibirán pola xestión, custodia e depósito dos activos financeiros integrados no fondo de pensións.

Fíxase unha comision máxima para a entidade xestora dun 1% anual do patrimonio do fondo e dun 0,4% anual do valor nominal dos títulos custodiados para a entidade depositaria.

5. Adxudicación: por resolución da concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio e Contratación.

a) Data: 27 de novembro de 2001.

b) Contratista: Aseguradora Valenciana, S.A. de Seguros y Reaseguros (Aseval), que ten como entidade depositaria a Caixa Galicia.

c) Adxudicación de acordo coa oferta presentada, as comisións especifícanse da seguinte forma:

Comisión ComisiónComisión

de xestión depositariatotal

Ano 10,00%0,00%0,00%

Ano 2 e seguintes0,15%0,05%0,20%

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da LCAP.

Culleredo, 12 de decembro de 2001.

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación