Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-11/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 18 de xaneiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes do Centro das Artes-Museo da Deputación-Conservatorio de Danza, promovido pola Deputación Provincial da Coruña. Antes da aprobación definitiva do proxecto deben presentar un texto refundido del.

Segundo.-Proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, mediante anuncios na prensa local e no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sito na avenida da Mariña, 18, en horario laborable das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo seu promotor.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo