Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia C2001/7).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C2001/7.

2. Obxecto do contrato: realización do proxecto de construcción e a concesión para a súa explotación do servicio de subministración de carburantes e lubricantes e instalación dunha máquina de lavado de autobuses na estación de autobuses. Duración da concesión: o prazo máximo da concesión será de 5 anos, prorrogable por outros cinco máis, ata un máximo de dez anos (incluído o período inicial e as súas prórrogas).

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Financiamento: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacion*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación:

Grupo C, subgrupos 1, 2 e 3, categoría b).

Grupo G, subgrupo 6, categoría a).

Grupo I, subgrupos 6 e 9, categoría b).

Grupo J, subgrupos 4 e 5, categoría b).

Grupo K, subgrupos 8 e 9, categoría a).

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase

o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 21 de enero de 2002.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación