Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Os Castros (Pereiriña).
Situación: Cee.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 28 m de lonxitude e conductor R.H.V. de 95 mm coa orixe no apoio nº 39 da L.M.T.A. Pontella-Os Muíños e final na C.T. Os Castros (Pereiriña), tipo prefabricado de 400 kVA. Concello de Cee.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de decembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña