Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/237-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: L.A.T. de P.E. Monte Castelo a sub. Portodemouros.

Situación: Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.A.T., a 220 kV, de 13.613 m de lonxitude, con conductor LA-455 Simplex, sobre apoios metálicos, desde o parque eólico Monte Castelo (propiedade de Gamesa Energía, S.A.) ata a subestación de Portodemouros, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A., a instalación está situada no concello de Vila de Cruces.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra