Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (10/2001).

Ana López-Suevos Fraguela, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución número 10/2001, seguidos neste xulgado por instancia de Áurea Munín Estévez, contra a empresa Scanner, S.A., sobre despedimento, por resolución do día da data, acordouse sacar a pública poxa os bens embargados á executada, que logo se dirán, e sinalar para a celebración da poxa o día 28 de febreiro de 2002, ás 11 horas na Sala de Audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena, s/n, do polígono das Fontiñas, desta cidade, se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidera celebrarse a poxa no día e hora sinalado, celebrarase o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados, rexéndose polas seguintes condicións:

a) Para tomar parte na poxa os licitadores non executantes haberán de consignar previamente o 20% do valor de taxación dos bens ou dos lotes

na conta de consignacións deste xulgado, número 1596, clave 64, aberta na oficina principal do Banco Bilbao-Vizcaya, situada na rúa Senra, número 3-5 desta cidade.

b) Non procederá a aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superase o 50% do avalúo para os bens mobles ou o 70% para os inmobles, ou sendo inferior, non cubrise alomenos a cantidade pola que se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

c) Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado depositado na mesa desta secretaría ata a celebración da poxa xunto co importe da consignación a que se refire a letra a).

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiros.

Bens obxecto de poxa.

Lote número un:

1. Un aparello Gantry-General Electric. Modelo 4626673102, valorado pericialmente en 8.000.000 de pesetas.

2. Un aparello CT Max de General Electric. Modelo 46-26613492 e dous aparellos complementarios, valorados pericialmente en 750.000 pesetas.

Valor total do lote número un: oito millóns setecentas cincuenta mil pesetas (8.750.000 pesetas ou 52.588,56 euros).

Lote número dous:

1. Un ordenador Philips, composto de pantalla, teclado Enter Informática, procesador Pentium Hard. O teclado ten como número de serie 9501-206554 e unha impresora Hewlett-Packard, laserjet 5L, valorado pericialmente en 50.000 pesetas.

2. Moblaxe composta de mesa de despacho de cor marrón aproximadamente de 2 metros, 3 cadeiras, unha libraría de tres corpos de longo e 5 estantes, valorado pericialmente en 25.000 pesetas.

3. Un transcritor Philips 720 Transcription System. Unha gravadora marca Philips Profesional Pocket memo 398 co seu transformador, valorado pericialmente en 10.000 pesetas.

4. Dous negatoscopios de tres corpos, valorados pericialmente en 10.000 pesetas.

5. Unha máquina de escribir Olimpia manual pequena, valorada pericialmente en 5.000 pesetas.

6. Unha mesa de escritorio pequena. Dúas cadeiras pequenas de skay, valoradas en 4.000 pesetas.

7. Un mesturador químico Chemix marca Agfa, valorado pericialmente en 20.000 pesetas.

8. Unha cámara matriz Compact-L de Agfa, equipo número 8385-100-2401, valorada pericialmente en 15.000 pesetas.

9. Dous mobles de estantes esquineiros, valorados pericialmente en 1.000 pesetas.

10. Dúas mesas de instrumental clínico, valoradas pericialmente en 10.000 pesetas.

11. Un cadro de mandos de General Electric, compoñente do equipo CT MAX, modelo 46-26613362, valorado pericialmente en 200.000 pesetas.

12. Dous negatoscopios dun corpo cada un, valorados pericialmente en 2.000 pesetas.

13. Un aparello de aire acondicionado grande. Marca Westinghouse, valorado pericialmente en 20.000 pesetas.

14. Unha cadeira de escritorio xiratoria, mesa e moble de estantes, valorados pericialmente en 15.000 pesetas.

Valor total do lote número dous: trescentas oitenta e sete mil pesetas (387.000 pesetas ou 2.325,92 euros).

Os referidos bens atópanse depositados na rúa Santiago León de Caracas nº 1 baixo desta cidade, sendo depositario deles José Gómez Blanco.

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

O presente edicto servirá de notificación e citación para tódolos efectos ás partes.

En Santiago de Compostela o 26 de decembro de 2001.

A maxistrada xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado