Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación, notificación e requirimento (813/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do social se segue procedemento número 813/2001, por instancia de Juan Gacio Vicente, contra Construcciones Covilco, S.L. y Fogasa sobre despedimento, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 6 de febreiro de 2002 ás 11.20 horas, cítase en única convocatoria á empresa Construcciones Covilco 2000, S.L. que tivo o seu paradoiro na rúa Alfredo Brañas, 18, Galerías A Lúa, planta baixa, local 10 de Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, para que acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo. Advertíndolle que as sucesivas dilixencias se notificarán nos estrados deste xulgado, salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral, e

fáiselle saber que a copia da demanda está á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requerimento á demandada Construcciones Covilco 2000, S.L., expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado