Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (137/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo número 565/2001 (execución 137/2001), seguidos por instancia de María del Carmen Rodríguez López contra a empresa Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez sobre despedimento, dictouse o auto que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte: na cidade de Lugo o 15 de decembro do ano 2001.

Parte dispositiva: non tendo procedido a empresa á readmisión da traballadora María del Carmen Rodriguez López é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno á empresa Grupo Xovenga, S.L. e a José Ramón González Jiménez e polo dito concepto a que lle aboe á demandante a cantidade de 293.326 pesetas (duascentas noventa e tres mil trescentas vinteseis pesetas). Igualmente debo condenar e condeno a referida empresa a que lle aboe á traballadora María del Carmen Rodríguez López polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data de notificación da sentencia ata a desta resolución a cantidade de 179.280 pesetas (cento setenta e nove mil duascentas oitenta pesetas). Declárase extinguida a relación laboral que unía á traballadora María del Carmen Rodríguez López e á empresa Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez, desde a data da presente resolución. Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que

contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días. Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo.

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 15 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado