Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.251

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (138/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo número 566/2001 (execución 138/2001), seguidos por instancia de Azucena Valdés Álvarez contra a empresa Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez sobre despedimento, dictouse o auto que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Na cidade de Lugo o 15 de decembro do ano 2001.

Parte dispositiva: non tendo procedido a empresa á readmisión da traballadora Azucena Valdés Álva

rez, é procedente substituí-la obriga de readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Grupo Xovenga, S.L. e a José Ramón González Jiménez e polo dito concepto a que lle aboe á demandante a cantidade de 315.865 pesetas (trescentas quince mil oitocentas sesenta e cinco pesetas). Igualmente debo condenar e condeno a referida empresa a que lle aboe á traballadora Azucena Valdés Álvarez polo concepto de salarios deixados de percibir desde a data de notificación da sentencia ata a desta resolución a cantidade de 179.280 pesetas (cento setenta e nove mil duascentas oitenta pesetas). Declárase extinguida a relación laboral que unía a traballadora Azucena Valdés Álvarez e a empresa Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez, desde a data da presente resolución. Notifíquese esta resolución ás partes coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de reposición no prazo de cinco días. Así, por este meu auto, acórdao, mándao e asínao Mª de los

Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Xovenga, S.L. e José Ramón González Jiménez, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 15 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado