Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.250

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (405/2001).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 405/2001, dictouse a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Procedemento de xuízo de faltas número 405/2001.

En Santiago de Compostela, o 22 de novembro de 2001.

No nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, tendo vista e oída en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas número 405/2001, seguida por unha falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), na que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, o axente co número de identificación P-93205-X pertencente á Agrupación de Tráfico da Garda Civil (Destacamento de Santiago de Compostela) denunciante e como denunciado Paulino Manuel Iglesias Domínguez, pronunciou a seguinte sentencia:

Decisión:

Que debo absolver e absolvo do feito de orixe destas actuacións ó denunciado Paulino Manuel Iglesias Domínguez, declarando de oficio as custas desta instancia.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección Sexta- con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Paulino Manuel Iglesias Domínguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado