Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.248

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL)

EDICTO (3028/2001).

Ana María López-Medel Bascones, secretaria da Sala do Social da Sección Cuarta do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, fago saber que nesta sala se segue o recurso número 3028/2001 interposto por Julia Ibarreche e outros, contra o grupo empresarial Encesa e outros, sobre dereitos, e dictouse a seguinte resolución:

Providencia.

En Madrid, o 11 de xuño de 2001.

Dada conta; por recibida a anterior comunicación coas actuacións da súa razón, fórmese o rolo correspondente, desígnase como ponente a señora Ureste García a quen corresponde por quenda e quedando as actuacións á disposición do mesmo para que, cando por quenda corresponda resolver este recurso, poida propo-la resolución que deba someterse ó estudio desta sala.

Sinálase, para a votación e decisión deste recurso o día 23 de outubro de 2001, ás dez horas da mañá.

Notifíqueselles ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de súplica perante a mesma sala no prazo de cinco días.

Así o acordaron e asina o presidente, do que dou fe.

Perante mín.

Rubricado.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado. Dou fe.

En Madrid o 5 de novembro de 2001.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, composta polos señores citados á marxe e en Nome de El-Rei.

dictou a seguinte sentencia:

No recurso de suplicación número 3028/2001 interposto polo letrado Javier Carbonell Rodríguez, en representación de Julia de la Torre Ibarreche e outra, contra o auto dictado o 10 de xullo de 2001 polo Xulgado do Social número catro dos de Madrid, foi ponente a señora Concepción R. Ureste García.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que segundo consta nos autos número 446/1998 do Xulgado do Social número catro dos de Madrid, foi presentada unha demanda por Julia de

la Torre Ibarreche e outros, contra a Empresa Nacional de Celulosas, S.A. (Encesa) e outros, en reclamación de tutela de dereitos fundamentais.

Segundo.-En data do 24 de maio de 1999 o referido Xulgado do Social número catro dos de Madrid dicta auto no que se declara a falta de competencia funcional dos xulgados do social de Madrid para coñecer da demanda formulada polos demandantes en materia de tutela de dereitos fundamentais, dos que o coñecemento corresponde á Sala do Social da Audiencia Nacional. Contra o dito auto interpúxose recurso de reposición por dous dos demandantes, que foi desestimado por Resolución do 10 de xullo de 2001.

Terceiro.-Contra a dita resolución foi interposto recurso de suplicación pola representación da letrada de Julia de la Torre Ibarreche e outra, sendo impugnado de contrario polo letrado de Vicente Antomás García e outros e pola representación letrada do grupo empresarial Encesa. Elevados os autos a esta sala do social, dispúxose o seu pase ó ponente para o seu exame e posterior resolución pola sala, provéndose ulteriormente a data de deliberación, votación e decisión.

Fundamentos de dereito.

Único.-A dirección letrada da parte demandante interpón un único motivo de suplicación ó amparo da letra a) do artigo 191 TRLPL no que denuncia a infracción dos artigos 5.2º e 85.1º do mesmo texto procesual en relación co artigo 24, CE, solicitando en esencia que se declare a nulidade das actuacións ata o momento da celebración do xuízo e a competencia do xulgado do social para coñecer do presente litixio.

O auto combatido declara a falta de competencia funcional dos xulgados do social de Madrid para coñecer da demanda formulada polos demandantes en materia de tutela de dereitos fundamentais, o recoñecemento dos cales remite á Sala do Social da Audiencia Nacional; para iso parte da configuración da pretensión trala comparecencia celebrada o 11-12-1998, conforme a cal se distingue unha pretensión principal de condena fronte á empresa -logo de declaración da nulidade radical do acto empresarial- a efectuar, ó seu exclusivo cargo, unha contribución suplementaria ó plan de pensións, e unha pretensión subsidiaria consistente na condena dos traballadores codemandados, pertencentes a centros de traballo radicados en distintas comunidades autónomas, ó pagamento da contribución suplementaria que alí se cuantificou, en proporción á achega realizada pola empresa ó plan de pensións a prol de cada un deles, que implica -fundamenta a referida resolución- que a sentencia que recaia no proceso

despregará efectos de cousa xulgada en ámbito territorial superior á Comunidade Autónoma de Madrid.

A demanda que deu orixe a este procedemento éo de tutela de dereitos fundamentais e suplica que se declare que no tránsito do sistema antigo de previsión social dos traballadores de Encesa, que prestan servicios no centro de traballo de Madrid, se produciu unha discriminación baseada no estado civil dos traballadores, que afecta principalmente o colectivo de mulleres, sen que exista fundamento legal ou xustificación razoable, polo que a tal conducta é radicalmente nula -prosegue aquela- debendo recoñercerse ós traballadores solteiros de Encesa, o mesmo

trato que ós casados no tránsito dos sistemas de previsión social e, en consecuencia se condene (...); é dicir, trátase dunha acción con sustento na violación dun dereito fundamental dun grupo de traballadores que presta os seus servicios nun centro de traballo que radica na Comunidade Autónoma de Madrid e, como xa puña de relevo a sentencia do Tribunal Supremo do 30-12-1994, «-e á marxe de que o ámbito da súa aplicación se estenda a outras comunidades autónomas- afecta única e exclusivamente os ditos empregados polo que a competencia obxectiva, conforme a regra xeral establecida no artigo 6 da LPL, corresponde ó Xulgado do Social, ó non concorreren no caso as circunstancias especiais que, previstas no artigo 8 da repetida lei procesual, determinan a atribución da competencia á Audiencia Nacional». Esta conclusión -emitida no pronunciamento do alto tribunal atinente ós mesmos demandantes en demanda formulada daquela perante a Sala do Social da Audiencia Nacional- (que apreciou a

excepción de incompetencia de xurisdicción) e da que a solicitude se circunscribía á petición principal antes sinalada -non resulta alterada pola ampliación da demanda realizada polos demandantes na comparecencia do 11-12-1998, ampliación que non aconteceu con relación ás demandas que darían lugar ás sentencias do 26-11-92 (Xulgado do Social número vintenove dos de Madrid) e 26-11-1993 (Tribunal Superior de Xustiza) sobre incompetencia de xurisdicción, 9-3-1994 (Audiencia Nacional) e 30-12-1994 (Tribunal Supremo), tamén sobre incompetencia, do 5-6-1995 (Xulgado do Social número vintecinco) anulada por sentencia do Tribunal Superior de Xustiza na súa do 26-1-1995 por razón de incongruencia, do 29-3-1996 (Xulgado do Social número vintecinco) novamente anulada o 6-3-1997 polo Tribunal Superior de Xustiza estimando a excepción de falta de litixio consorcio pasivo necesario, nin respecto da racaída en data 3-11-2000 (Xulgado do Social número dous) confirmada por este Tribunal Superior de

Xustiza en sentencia datada o 17-7-2001, por canto, repetimos, se trata agora tamén dunha demanda de tutela dun dereito fundamental por entender que se producira discriminación baseada no estado civil dos traballadores e, por tanto, a sentencia que recaia sobre o fondo de debate formulado declarará a existencia ou non da vulneración denunciada e, en caso afirmativo, logo de declaración de nulidade radical da conducta, ordenará o cesamento inmediato do comportamento infractor e a reposición da situación ó momento anterior a producirse aquel, así como a reparación das consecuencias derivadas do acto, incluída a indemnización que proceder. Doutro xeito, a vulneración denunciada -da que a concorrencia ou non é o tema de fondo do debate- vén referida única e exclusivamente ós traballadores afectados, sendo este o extremo que centra e provoca a delimitación competencial, con independencia de que parte das consecuencias económicas da reparación do acto se proxecte a outras comunidade

autónomas en función de que os traballadores demandados presten nelas os seus servicios, pois o esencial, como dicimos, é o ámbito de afectación dos suxeitos sobre os que a vulneración alegada incide ou recae. Non esquezamos que a condena subsidiaria que posteriormente se instou, de entenderse que se pode efectuar nesta mesma modalidade procesual de tutela, incardinaríase na «reparación das consecuencias do acto», figurando, por

conseguinte, como actuación complementaria dirixida a paliar ou remedia-la situación provocada polo acto principal de vulneración que igualmente se proxectaría, de ser estimada, a prol ou en beneficio do mesmo grupo de traballadores demandantes de tutela. As consideracións expresadas conducen a estima-lo recurso de suplicación interposto polo recorrente, tendo en conta a exclusión, neste caso, da competencia da Sala do Social da Audiencia Nacional ó se tratar dun proceso sobre tutela (artigo 2.k TRLPL) do que os efectos non se estenden fóra do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Madrid (artigos 8 e 6 do mesmo texto procesual), anulando correlativamente o auto combatido co fin de que, logo da declaración de competencia do xulgado do social de instancia, o maxistrado a quo prosiga a tramitación dos autos ata dictar nova resolución en que entre a coñecer do fondo do debate formulado, se non existir outro obstáculo procesual que o impida, con plena liberdade de criterio.

Decidimos que dedemos estimar e estimámo-lo recurso de suplicación interposto por Julia de la Torre Ibarreche e outra contra o auto dictado polo Xulgado do Social número catro de Madrid en data 10 de xullo de 2001, e logo de declaración de competencia da orde xurisdiccional social para o axuizamento do presente litixio, declarámo-la nulidade das actuacións desde o momento inmediatamente anterior a dictarse o dito auto co fin de que prosiga a tramitación pertinente ata dictarse sentencia que resolva, con plena liberdade de criterio, o fondo do asunto debatido.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación da doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación da sentencia de acordo co disposto nos artigos 218 e 227 da Lei de procedemento laboral. A consignación do importe da condena deberá acreditarse, cando proceda, polo recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta perante esta sala ó tempo de prepara-lo recurso, presentando xustificante acreditativo de a efectuar na c/c nº 28290000000282001, que esta sección cuarta ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, surcursal nº 913, sita na glorieta de Iglesias de Madrid, podéndose substituí-la dita consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario no que se fará consta-la responsabilidade solidarias do avalista, debendo igualmente o recorrente, que non teña a condición de traballador

o habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou se trata do Ministerio Fiscal, Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais, os organismos autónomos dependentes de todas elas e os que tiveren recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, consignar como depósito a cantidade de cincuenta mil pesetas (50.000 pesetas), deberá ingresar na conta nº 2410 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal da rúa Génova, 17 (clave oficina 4043) de Madrid, que ten aberta a Sala Cuarta do Social do Tribunal Supremo, debendo facer entrega do xustificante acreditativo na secretaría da dita Sala IV do Tribunal Supremo ó mesmo tempo de comparecer nela.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación a, actualmente en paradoiro descoñecido, Adolfo Asuar Aydillo, expido e asino este edicto en Madrid o 17 de xaneiro de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA