Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 01 de febreiro de 2002 Páx. 1.248

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, a María Soledad Otero Giráldez (praza 20/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 29 de marzo de 2001 (BOE do 20 de abril), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada, en prol de María Soledad Otero Giráldez, con documento nacional de identidade número 36079658-H, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Soledad Otero Giráldez profesora titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 8 de xaneiro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID

(SALA DO SOCIAL)