Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Aprobación inicial de estudio de detalle dunha parcela de propiedade municipal sita na avda. da Veiga, San Cibrao, para pavillón polideportivo.

Aprobouse consonte o que establecen os artigos 21.1.j), 22.2.c) e 23 da Lei de bases de réxime local, segundo a redacción que lle deu a Lei 11/1999, do 21 de abril (BOE 96/1999), en concordancia co establecido na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o estudio de detalle da parcela de propiedade municipal en San Cibrao para pavillón polideportivo.

O devandito estudio de detalle exponse ó público polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co sinalado no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo (DOG do 26 de marzo).

Cervo, 18 de xaneiro de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde