Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal en Castrelo de Miño (Ourense), con suxeición á proposta de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal en Castrelo de Miño (Ourense). Documento de aprobación definitiva.

Segundo.-Efectua-las publicacións ás que fai referencia o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En cumprimento do disposto polo artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, publicouse o texto íntegro do acordo e da normativa urbanística no BOP nº 286, de data 15 de decembro de 2001.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Castrelo de Miño, 18 de decembro de 2001.

José Feijóo Villanueva

Alcalde