Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín.

No expediente de expropiación forzosa que se instrúe dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Vilamarín, unha vez pagados ou cosignados os prezos xustos ante a Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, e en cumprimento do disposto nos artigos 38 e 39 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (BOE do 14 de abril), o artigo 146.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG do 26 de marzo), o artigo 209 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto (BOE do 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 1979), e demais disposicións aplicables conforme a Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE do 17 de decembro), e o Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE do 20 de xuño), notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan o levantamento das

actas de ocupación do expediente de referencia, en presencia do representante da Administración, do alcalde e do secretario do concello.

Data: 7 de febreiro de 2002, ás 10 horas.

Lugar: salón de actos do Concello de Vilamarín.

Ó devandito acto convócase a:

Nº predioTitulares

7Mª José Gómez Paradela

7aIgnacio e José Álvarez González

10Sara e Mercedes Ramona Álvarez González

12Sara e Mercedes Ramona Álvarez González

14Luis Rodríguez Hermida

22Luis Rodríguez Hermida

25Luis Rodríguez Hermida

29Luis Rodríguez Hermida

31Luis Rodríguez Hermida

34Luis Rodríguez Hermida

44Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

45Alicia González Aranguren

52Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

53Rosa Pérez Noguerol

57Hector Lorenzo Carballo

59Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

59aAlicia González Aranguren

62Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

67aAntonio Bóveda Bóveda

68Mirta María Nóvoa Delgado

69Josefa Cao López

70María Pérez Vázquez

Nº predioTitulares

79Manuela Sas Lorenzo

92Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

93Rosa Pérez Noguerol

106Mª Luisa Pérez López

108Sara González Fernández

109Luis Rodríguez Hermida

111José Silva Rey

120Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

135Mª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

141aRosa Rúas Rúas

141bElisa Pulido Mosquera

154José Silva Rey

157Manuel Carballo Álvarez

161Enrique Lorenzo Carballo

162aMª Luisa, Manuel e Pedro Pérez López

165Sara González Fernández

167Herdeiros de José Cougil Vázquez e Lisardo González Pérez

170Herdeiros de José Cougil Vázquez e Lisardo Gónzales Pérez

188Antonio, Jaime, Manuel, Raúl González Vázquez

189Mª Isabel Martínez González

204Descoñecido

209Descoñecido

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese este acordo no DOG e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Ourense, 21 de xaneiro de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo