Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 10 de xaneiro de 2002, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle dos soares números 152 e 154 da avda. de Vilaboa, promovido pola sociedade Enzo Iria, S.L. e redactado

pola arquitecta Carlota Robelo Pardo, que ten por obxecto ordena-la edificabilidade das parcelas e defini-la aliñación na rúa de conexión entre a avda. de Vilaboa e a avda. da Corveira.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante o devandito prazo poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais da Área de Urbanismo e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 11 de xaneiro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo