Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (427/2000).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 427/2000

se dictou a presente sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En Carballo, o 19 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído no xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas por ameazas rexistrada bixo o número 427/2000 e tramitada por instancia de Clarisa Caamaño Varela, en calidade de denunciante, contra Antonio Fandiño Varela, en calidade de denunciado, non tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno o demandado Antonio Fandiño Castro dunha falta de ameazas á pena de quince días de multa cunha cota diaria de mil pesetas, o que fai un total de quince mil pesetas. Esta cantidade deberá ser aboada no prazo de dez días desde a firmeza da presente resolución, prevíndoo de que, no caso de non satisfacela e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana, todo iso con expresa condena en custas do denunciado.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, prevíndoas de que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer no prazo de cinco días, recurso de apelación ante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Antonio Fandiño Castro, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente en Carballo o 19 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado