Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (471/2000).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 471/2000, se dictou a presente sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En Carballo, o 20 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído no xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas contra a orde pública rexistrada baixo o número 471/2000 e tramitada por instancia dos axentes da policía local co número de identificación 119211 e 119217 en calidade de denunciantes con

tra María Esther Iglesias Barreiro en calidade de denunciada, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno a denunciada María Esther Iglesias Barreiro como autora dunha falta contra a orde pública á pena de corenta días de multa cunha cota diaria de mil pesetas, o que fai un total de corenta mil pesetas, que deberá ser satisfeita no prazo de dez días desde a firmeza da presente sentencia, prevíndoa de que, no caso de non satisfacela e logo de exacción dos seus bens, quedará suxeito a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arresto de fin de semana. Todo iso con expresa condena en custas.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, prevíndoas de que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer no prazo de cinco días, recurso de apelación ante este xulgado, que será resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a María Esther Iglesias Barreiro, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 20 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado