Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.215

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (391/2000).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 319/2000 se dictou a presente sentencia, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En Carballo, o 19 de decembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas por malos tratos rexistrada baixo o número 391/2001 e tramitada por instancia de Genara Suárez Espasandín, en calidade de denunciante contra Miguel Ángel Touceda Sánchez, en calidade de denunciado, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido: absolvo o denunciado Miguel Ángel Touceda Sánchez da acusación interesada contra el, declarándose as custas de oficio.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes, prevíndolles que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer no prazo de cinco días, recurso de apelación ante este xulgado, que se resolverá pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Miguel Ángel Touceda Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Carballo o 19 de decembro de 2001.

O secretario

Rubricado