Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (65/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria do día 20 de decembro de 2001, adoptou entre outros o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por quince votos a favor e doce votos en contra, acordou:

1. Desestimar integramente as alegacións formuladas por María Victoria Álvarez Rodríguez no seu propio nome e no do seu irmán Luis Álvarez Rodríguez, con base no informe técnico da Oficina de Rehabilitación do Núcleo Histórico, do data 21 de novembro de 2001, e xurídico do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística, do 30 de novembro de 2001, que se trasladarán ós interesados para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente, por pedimento de Juan Carlos Cabanelas Rodríguez en representación de Xestur Ourense, a modificación puntual do PERI do núcleo histórico na zona 12, unidade de execución 4, entre as rúas Julio Prieto, Coenca e Pena Trevinca».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 11 de xaneiro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente