Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do 19 de novembro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de compensación do polígono FF do plan parcial do SUNP-10. Carme de Abaixo, promovido por Residencial Las Camelias.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo