Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-436).

Por resolución desta Alcaldía nº 153/2001, do 14 de xaneiro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización en predio sito en Buínte-Dexo, tramitado por Kauf&Verkauf, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiros de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 16 de xaneiro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta