Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

EDICTO.

O Pleno do Concello de Marín, en sesión celebrada o día 11 de xaneiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de fixación da altura media das edificacións no Camiño Vello de

Seixo, datado a xuño de 2001 e redactado pola arquitecta municipal Sra. Santiso Rolán.

O devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo.

Marín, 17 de xaneiro de 2002.

Fco. Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente