Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 21 de decembro de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste municipio no que respecta ós seguintes aspectos:

Recualificación como solo urbano dunha parcela sita na Camposa, en Buño, actualmente integrante do sector 1 do solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI-1), para destinala a equipamentos sociais.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado nos servicios técnicos municipais e presenta-las alegacións procedentes, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Malpica de Bergantiños, 18 de xaneiro de 2002.

José Ramón Varela Rey

Alcalde