Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do polígono Lalín 2000-3ª fase.

O Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial do polígono 2000-3ª fase, por instancia de Xestur Pontevedra, S.A. e redactado polo equipo de arqui

tectos de Alameda 12, cos planos e documentos que figuran neste.

Segundo.-Prosegui-la tramitación do expediente, publicando o acordo no DOG e o acordo e texto da ordenanza no BOP. Por último, remitirase un exemplar completo autenticado do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e dous exemplares da normativa aprobada.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Lalín, 14 de decembro de 2001.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado