Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: proxecto de beirarrúas en rúa Castelao-tramo 4. Lugar de execución: O Grove. Prazo de duración: 4 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 63.458,86 euros.

5. Garantías: provisional: 2 por cento do orzamento do contrato. Definitiva: 4 por cento do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, pza. do Corgo, 1, 36980 O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 18.2 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no número 6 deste anuncio.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 3º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, adiándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: correrán por conta do adxudicatario.

O Grove, 14 de xaneiro de 2002.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde