Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial Areal-1.

O Pleno do Concello de Lalín, en sesión que tivo lugar o día 27 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial Areal-1, a iniciativa da empresa Erosmer Ibérica, S.A. e redactado polo arquitecto José Enrique Pérez Ardá, xunto cos documentos e planos que forman parte do expediente.

Segundo.-Prosegui-la tramitación do expediente, publicando o acordo no DOG e o acordo e texto da ordenanza no BOP. Por último, remitiranse un exemplar completo autenticado do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e dous exemplares da normativa aprobada.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Lalín, 14 de decembro de 2001.

O concelleiro delegado de Urbanismo

Rubricado