Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Villalba, número 5922.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, fai saber que por Resolución do 11 de outubro de 2001, foi outorgado o permiso de investigación Villalba, número 5922 de 300 cuadrículas mineiras para recursos de carbón, sección D que se sitúa nos concellos de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Vilalba na provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 15 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo