Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude da condición mineromedicinal e termal dunhas augas.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber:

Que a sociedad Balneario de Puente Caldelas, S.L., con domicilio na r/ Iglesias, 14, baixo, Ponte Caldelas, solicitou na delegación de Industria e Comercio de Pontevedra a declaración da condición mine

romedicinal e termal das augas captadas por medio de pozo de barrena no predio denominado L'Aceña propiedade de Juan Manuel Estévez Rodríguez e José Antonio Estévez Rodríguez (accionistas da sociedade Balneario de Puente Caldelas, S.L.).

As coordenadas UTM que definen a situación do pozo son: X= 541.328,93; Y= 4.692.967,49.

O que se fai público para dar cumprimento no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia; e artigo 24 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo e art. 39 do seu regulamento xeral, e para que todo aquel que se considere interesado poida comparecer no expediente no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó desta publicación, pasado este non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 27 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra