Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Madanela, número 2737, da provincia de Pontevedra e promovida por Granitos Tebra, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación Madanela, nº 2737, situada en terreos dos concellos de Tomiño e Oia, provincia de Pontevedra, e solicitado por Granitos Tebra, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias da Delegación Provincial de Medio Ambiente correspondente, así como nos concellos de Tomiño e Oia, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria