Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/537).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.

Domicilio social: Arena, 45 baixo, Cabanas.

Denominación: centro de interconexión H. del Zarzo-E. de Cabañas.

Situación: Cabanas.

Descricións técnicas: reforma da interconexión que Eléctrica de Cabañas ten na caseta do Penso de H. del Zarzo, S.A., que consiste en substituí-las instalacións de obra de fábrica por instalacións compactas da marca Ormazabal consistentes en: cela de seccionamento cela de protección con interruptor automático, cela de medida e cela de seccionamento de liña e rexistrador de calidade e equipo de telemedida. Concello de Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e

presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña