Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador PESAN1 2000/000566-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos

expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99 do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Pontevedra, r\ Palma, 4, Vigo.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000566-5.

Denunciado: Hilario Torrado Cortes.

DNI: 35409964.

Enderezo: Avda. Cambados 102-2, Sobradelo, Vilagarcía de Arousa.

Precepto infrinxido: 6.12º, 6.14º.

Sanción: 75.001 pesetas/450,77 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Pontevedra, 7 de xaneiro de 2002.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra